A UE quere implantar un semáforo epidemiolóxico entre países


Trataríase dun semáforo epidemiolóxico de risco que daría información sobre a situación sanitaria de cada país. Nas rexións verdes os viaxeiros poderán regresar sen ser sometidos a probas ou corentenas, ao revés do que sucede nas zonas laranxas e vermellas, con máis risco.

Trátase dun mecanismo conxunto, pactado entre os Vinte e sete, para tratar de salvar o principio de libre circulación e acabar coa falta de coordinación entre países á hora de impoñer restricións de viaxes ou corentenas. A proposta parte da presidencia alemá e podería aprobarse o vindeiro martes.