O xefe da diplomacia europea Josep Borrell conclúe este sábado a súa visita de tres días a Cuba para reforzar os lazos entre a UE e o país caribeño. Borrell dixo que espera contar con Cuba para «promover o respecto» á «soberanía de Ucraína». E considera que a illa pode xogar un «especial papel na area multilateral» ao ostentar a presidencia do grupo de países en vías de desenvolvemento o G77. Borrell expresou a súa preocupación polo despregamento de armas nucleares tácticas por parte de Rusia en territorio bielorruso, o que, ao seu xuízo, supón unha «escalada moi grave». Desde o inicio da guerra, Cuba evitou falar dunha invasión a Ucraína e adheriuse á idea de que EEUU e a OTAN xogaron un papel importante que conduciu ao comezo da guerra e a súa prolongación.
60