A UE restrinxirá as importacións de Rusia deste metal precioso. O ouro ocupa o segundo lugar despois da enerxía nas exportacións do país. De feito, supuxeron un valor de máis de 18.500 millóns de euros en 2020. A través de tuitter, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, sentenciou: «Moscova debe seguir pagando un alto prezo pola súa agresión». A nova proposta de restricións presentouse como un paquete reforzo das medidas anteriores adoptadas polos 27. As novas medidas europeas, cuxos detalles se esperan en breve, seguen o exemplo da prohibición de vendas de ouro de Rusia adoptada a finais de xuño polas sete nacións máis industrializadas do mundo (G7).