A UE expresa a súa solidariedade con España ante a crise diplomática que afronta con Marrocos. Despois de que o país magrebí abrise as súas fronteiras permitindo unha avalancha de migrantes en Ceuta, como resposta e desafío á atención hospitalaria dispensada en España ao líder da Fronte Polisario, Brahim Gali. Aínda rompendo o pacto de exercer de muro de contención á migración irregular, España concedeu a semana pasada a Marrocos unha axuda de 30 millóns de euros para contribuír a financiar o despregamento policial.
«Nós queremos ter unha relación o máis construtiva posible, pero tense que fundamentar en dous eixos primordiais: primeiro a confianza e o segundo o respecto. E neste caso o respecto ás fronteiras de Europa, ás fronteiras españolas de Ceuta e de Melilla para co país marroquí», declarou Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España.
Polo seu lado, o embaixador de Marrocos en Portugal, Otmane Bahnini, nunha entrevista realizada na televisión portuguesa, acusou a España de enganar a Europa, ao introducir no seu territorio a Gali baixo falsa identidade sen respectar os procedementos de Schengen e poñendo como refén á UE.