A UEFA suspende ata novo aviso as grandes competicións europeas


A UEFA suspende ata novo aviso todos os partidos de competicións internacionais ante a gravidade da pandemia do coronavirus en Europa. A máxima entidade do fútbol europeo deixa no aire as dúas máximas competicións de clubs: a liga de Campións e a liga Europa, así como os partidos entre seleccións nacionais que foran programados para o próximo mes de xuño.

Tamén quedan suspendidos os procesos de admisión e rexistro de xogadores de todas as competicións de clubs do continente da próxima tempada, xa que non está claro cando terminará esta. Hai quen augura un verán de fútbol a discreción en todo o continente. O tenis tamén se viu afectado pola pandemia: o torneo de Wimbledom, que se debía xogar entre finais de xuño e metade de xullo, foi anulado. Roland Garros, pola súa banda, anunciou hai uns días que atrasaba a competición a finais de setembro.