A ultradereita española esixe a dimisión do Goberno


Miles de persoas convocadas por Vox nunha manifestación este domingo en Madrid chamaron á «reacción social» tras a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2023. Critican a reforma do delito de sedición, o que cualifican dunha concesión de Pedro Sánchez aos independentistas. O seu líder, Santiago Abascal, non escatimou en insultos: «Sánchez non é como un arquitecto que ten un plan de reforma distinto para o edificio, que poida ser discutible. É o xefe de demolicións. Sánchez quere triturarlo todo. Non ten escrúpulos», dixo.

Criticou tamén a Axenda 2030, as medidas contra a contaminación, ás que se refire como «ditadura climática» e a recente lei de Igualdade, que xerou unha revisión de sentenzas á baixa para algúns agresores e delincuentes sexuais nas últimas semanas. O dirixente de Vox subliñou que a lei do Só Si é Si forma parte das “políticas criminais” que xeran “inseguridade” nas rúas e «abren a porta a violadores e pederastas». Abascal acusou á ministra de Igualdade, Irene Montero, de «victimizarse» tras as descualificacións da deputada do seu partido Carla Toscano no Congreso.