A unidade móbil a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Carballo o 4 e 5 de febreiro

Doantes xunto á unidade móbil ADOS, en Carballo.

A unidade móbil a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na Praza do Concello de Carballo os días 4 e 5 de febreiro, cos seguinte horarios:

  • Venres 4, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
  • Sábado 5, de 10:00 a 15:00 horas.

As persoas que queiran doar poderán achegarse á unidade móbil ou pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828.

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia. Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.