A unidade móbil da ITV de turismos estará en Carballo ata este xoves


Unha unidade móbil da inspección técnica de turismos estará en Carballo ata este xoves 16 de setembro. A estación está situada no seu emprazamento habitual do polígono industrial de Bértoa, nos seguintes horarios:

  • Días 10, 13, 14 e 15: de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.
  • Día 16: de 09:00 a 13:30 horas.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa