A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI regresa a Zas o 19 de setembro

O próximo 19 de setembro, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional estará no edificio do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do concello así como doutros limítrofes. Os trámites poderanse realizar en horario de 09:00 a 12:30 horas. Os/as interesados/as poden pedir cita previa onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación. A entrega do documento será o 21 de setembro no mesmo horario e en calquera dos dous casos é necesario que acuda a persoa solicitante. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha