A Unión Europea alcanza un acordo de Brexit co Reino Unido

1 minutes read
  • A oposición rexeitou este acordo, do que din que é peor que o acordado durante o mandato de Theresa May

«Onde hai vontade, hai un acordo – temos un!». Con estas palabras o presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, anunciaba ao mundo que o Reino Unido e a Unión Europea (UE) chegaran a un acordo de Brexit.

Conta oficial de Jean-Claude Juncker en Twitter

Juncker definiu este acordo como «xusto e equilibrado» para ambas as partes, e no seu perfil de Twitter publicou a carta enviada ao presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, na que non se inclúen os detalles específicos do acordo pero asegúrase que as negociacións se centraron no Protocolo para Irlanda / Irlanda do Norte. Con todo, a oposición británica rexeita en bloque o novo acordo de Brexit.

«Este é un día no que o primeiro ministro parece facer un acordo coa Unión Europea que non nos dá unha total liberdade de movementos entre Gran Bretaña e Irlanda do Norte porque crea unha fronteira aduaneira no mar de Irlanda», manifestou na súa conta de Twitter o líder laborista Jeremy Corbyn. Tamén resaltou que este acordo reduce dereitos e protección, preocupacións que xa transmitiran durante o mandato de Theresa May.

Para os liberaldemócratas, inimigos do Brexit, o acordo de Johnson é peor que o da súa predecesora e, desde Escocia, tamén mostraron o seu rexeitamento a este acordo.