A Unión Europea e Estados Unidos buscan alternativas ao gas ruso

Este martes reuniuse o alto representante de política Exterior da Unión Europea, Josep Borrell, e o secretario de Estado estadounidense Antony Blinken para escenificar que a subministración de gas está garantida no caso de que Rusia decidise unilateralmente cortar o fluxo.

Borrell, asegurou que «ninguén concentra 140.000 soldados fortemente armados» na fronteira con Ucraína para «tomar o té» e que «estamos a vivir os tempos máis perigosos para a seguridade en Europa desde o final da Guerra Fría».

O presidente dos Estados Unidos Joe Biden advertiu que «poñería fin» ao gasoduto Nord Stream 2 de Rusia a Alemaña. Algo que prexudicaría a Rusia economicamente, pero que a quen causaría un dano inmediato é á subministración enerxética de Alemaña. A construción do gasoduto finalizou, pero aínda non está en funcionamento.

O chanceler alemán Olaf Scholz subliñou a necesidade de manter certa ambigüidade sobre as sancións para presionar a Rusia a desescalar a crise.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha