A Unión Europea gáñalle a primeira batalla xudicial a AstraZeneca

A Unión Europea anotouse unha primeira vitoria xudicial fronte a AstraZeneca na batalla das vacinas. Un tribunal belga ordenou á farmacéutica anglosueca que entregue á UE cincuenta millóns de doses antes de finais de setembro. Se non o fai, terá que pagar 10 euros por cada dose non fornecida. A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, celebrou a noticia nun tweet. «É un claro recoñecemento de que os nosos acordos de compra anticipada teñen unha sólida base legal», di. Con todo, para a farmacéutica o importante é que os xuíces só lles esíxen entregar 50 millóns de doses e non 300 millóns como reclamaba a Comisión. Ademais, a multa, se non cumpren, é moi inferior á que pedía Bruxelas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha