A Unión Europea importará electricidade de Acerbaixán a través dun cable submarino

1 minutes read

Os xefes de Goberno de Romanía, Hungría, Xeorxia e Acerbaixán asinaron este sábado en Bucarest en presenza da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, un acordo para a construción dun cable submarino para aprovisionar a Europa con electricidade de Acerbaixán. O cable submarino unirá Acerbaixán coa Unión Europea a través de Xeorxia e o Mar Negro. A electricidade chegará primeiro a Romanía e de alí a Hungría e o resto de Europa.

A Unión Europea espera que o cable submarinorepercuta tamén en beneficio da República de Moldavia e de Ucraína, que viron comprometida a súa seguridade enerxética polos cortes de subministración de Gazprom e os bombardeos rusos contra a rede eléctrica ucraína.

«Desde o comezo da guerra rusa, decidimos abandonar os combustibles fósiles rusos e diversificar as nosas opcións cara a socios fiables no ámbito enerxético, como os presentes nesta mesa. E está a funcionar», o proxecto fará de Xeorxia, un país que aspira a entrar na UE, un punto de interconexión enerxética rexional que o integrará no mercado de electricidade europeo, dixo Ursula von der Leyen.