A Unión Europea quere evitar un novo confinamento

Trátase de recuperar o pulso da economía, pero os rebrotes de coronavirus en boa parte de Europa fan temer un novo peche das froteiras. A Comisión argumenta que as súas políticas económicas xa están a funcionar. “Se comparamos a situación europea coa situación de Estados Unidos, si hai consecuencias no mercado laboral e o desemprego, sobretodo porque a poboación activa diminúe, pero nada comparable ao que pasa en Estados Unidos”, afirma Paolo Genitiloni, comisario de Asuntos Económicos. A recuperación en forma de V foi substituída por unha que se asemella á letra K. Unha recuperación onde os máis ricos emerxen en mellores condicións, onde os empregados das oficina conservan o seu traballo pero os camareiros pérdeno, onde paises como Alemaña tende a ser máis fortes e outros como Italia máis débiles. Pero o presidente do Consello Europeo argumenta que o Fondo de Recuperación foi precisamente deseñado para evitar isto. Europa ten un plan para relanzar a actividade económica. Pero coa pandemia axexando, está por ver se os mecanismos mobilizados e que aínda non chegaron aos Estados, serán suficientes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha