A universidade presentou na comisión do Bordo Litoral o borrador do documento estratéxico da Zona 2 do Porto que lle encargou o Goberno local e en que se deseñaron as liñas mestras de cara á reordenación do espazo portuario interior, co fin de recuperar as relacións da cidade co mar e de resolver os problemas de mobilidade coa creación de espazos públicos. A proposta presentada, a da Zona 2, é a correspondente ao peirao de San Diego, porto petroleiro e terminal de mercadorías. A alcaldesa, Inés Rey, cre que este estudo da UdC “permitirá abordar a desafección dos terreos do porto para reordenar este espazo público para a cidadanía”. A rexedora entende que é necesario que todas as administracións competentes coñezan este documento para abordaren de forma conxunta o futuro dos peiraos”. Rey lembra que todas as administracións implicadas xa foron convocadas a unha reunión co fin de trataren este asunto.
20