A Universidade Sénior da UDC botará a andar en Carballo con 64 alumnos e alumnas

1 minutes read

O martes 24 botará a andar en Carballo o Proxecto de democratización do coñecemento, o programa de formación universitaria para maiores de 50 anos que promove a Universidade da Coruña (UDC) a través da Universidade Sénior. Para esta primeira edición en Carballo estaba establecido un límite de 50 prazas, pero finalmente foi posible admitir as 64 solicitudes presentadas. No caso de detectarse algún erro ou omisión, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a comarcas.senior@udc.gal ou chamar ao número de teléfono 881 014 508.

O programa, que é gratuíto para as persoas participantes, consta de tres módulos con diferentes temáticas, con sesións teóricas, que se celebrarán de 17.00 a 19.00 horas, e sesións prácticas, todas elas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña.

O día 29 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes. A Universidade Sénior é un proxecto de formación universitaria específico, e neste caso conta co financiamento da propia UDC, da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?