A poeta e narradora uruguaia Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941) gañou o Premio Cervantes 2021, o galardón máis importante das letras en español, que concede o Ministerio de Cultura e Deportes, segundo anunciou o ministro Miquel Iceta. O xurado destacou «a súa traxectoria como unha das grandes vocacións literarias da actualidade nunha gran variedade de xénero e o seu compromiso continuo con temas contemporáneos como a condición da muller e a sexualidade». Escritora e activista política, é a única muller asociada ao boom da literatura latinoamericana dos anos 60 e 70. Exiliada en España desde 1972 para fuxir da persecución da ditadura militar, a súa carreira xa despegara en Uruguai, onde publicara en 1963 co libro de contos Viviendo, en 1968 Los museos abandonados, ou en 1969 El libro de mis primos.