A vacina contra a covid será obrigatoria en Galicia, con multas de ata 60.000 €

A reforma da Lei de Saúde de 2008 que debateu este martes o Parlamento Galego avoga por impoñer multas de ata 60.000 euros para aquelas persoas que decidan non vacinarse. Así o recolle o texto presentado polo grupo Popular. A Xunta poderá adoptalo en situación de pandemia, aplicando multas por non vacinarse, non levar máscara ou as facultades de ordenar confinamentos.

O texto, de 53 páxinas, foi asinado polos 42 deputados do Partido Popular incluído o presidente galego e recolle tres tipos de multas: leves (que oscilan de 1.000 a 3.000 euros), graves (de 3.001 a 60.000 euros) e moi graves (de 60.001 a 600.000 euros). Neste sentido, tal e como recolle o documento, a medida está catalogada dentro do apartado de «infraccións leves». Por exemplo, o negarse a poñerse a vacina contra o Covid-19 ou a da tuberculose implicará unha sanción que vai dos 1.000 aos 3.000 euros.

Segundo a norma sancionaríase a «negativa inxustificada a someterse a medidas preventivas, consistente na vacinación ou inmunización prescrita polas autoridades sanitarias, de acordo co establecido nesta lei».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha