Dende a Xunta de Galicia anunciouse que o próximo 25 de setembro é a data escollida para para dar comezo á campaña de vacinación contra a covid e a gripe. Nesa data vaise iniciar a campaña nos centros de maiores e discapacidade. A Comisión de Saúde Pública decidiu esta semana que esa campaña de vacinación conxunta contra a gripe e a covid-19 empezaría a última semana de setembro. Está previsto que este venres nunha conferencia de prensa específica para iso, o departamento de Sanidade da Xunta dea as pautas de conta de como se afrontará na comunidade. Esta será a terceira campaña en que ambas se administran de maneira conxunta, e isto coincide cun momento no que levan sucedéndose semanas de lixeiro aumento do SarS-CoV-2, que agora se está estabilizando.
0