A vacina de Novavax fabricada no Porriño conta cunha eficacia superior ao 96 %

1 minutes read

A análise completa do seu ensaio de fase 2b que se está levando a cabo en Sudáfrica evidenciou a súa efectividade. En calquera caso, a vacina demostrou unha protección do 100 por cen contra a enfermidade grave, incluídas a hospitalización e a morte. Esta vacina de Novavax que se fabrica nos laboratorios do grupo Zendal no Porriño ten unha eficiacia fronte á covid superior ao 96 %, superando as de Pfizer, Moderna e AstraZeneca. E para a variante británica conta cunha eficacia do 86 %, polo que podería recibir en abril o visto e prace da Axencia Europea do Medicamento, segundo calcula a compañía farmacéutica galega, primeira empresa española en fabricar completamente un tratamento inmunolóxico contra a covid-19.