52
Salvador Illa anticipou este sábado, nunha entrevista radiofónica, algunhas das liñas mestras do plan de vacinación contra a covid-19 que vai aprobar o Goberno o martes en Consello de ministros. Primeiro referente: o período de vacinación comezará en xaneiro e podería prolongarse ata maio ou xuño de 2021. O propósito de partida é lograr que se vacine a metade da poboación española, pero non se descarta chegar ata un 70 % como obxectivo máximo. E para os que manteñen dúbidas sobre a vacina, unha mensaxe de calma. Non será obrigatoria, algo que ata o de agora non estaba claro.