A decisión deriva dos satisfactorios resultados alcanzados durante as xornadas do pasado sábado e domingo na proba piloto de vacinación pediátrica realizada no Hospital Clínico de Santiago. Na mesma, un total de 532 nenos e nenas, menores de 5 anos, acudiron a vacinarse da gripe. Con estas vacinacións, a cobertura da gripe entre a poboación pediátrica da área sanitaria de Santiago -algo máis de 11.000 menores-, incrementouse ata en 5 puntos, pasando dun 36% a un 41%.
Así, segundo apuntou Alfonso Rueda, Galicia conta co “calendario de vacinación infantil máis potente de toda España, grazas a asumir os costes que antes pagaban as familias”, ademais de ser a comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación vacinada contra a Covid. Por este motivo, a Xunta presenta esta nova campaña de vacinación a nivel autonómico “conscientes da preocupación que teñen moitos pais e nais polo aumento das enfermidades respiratorias”.