A vacinación do grupo de 30 a 39 anos dará comezo a primeiros de xullo


Durante os primeiros días do mes de xullo, o Sergas empezará coa administración das primeiras doses do antídoto contra o coronavirus para os pacientes de entre 30 e 39 anos, algo que se podería alongar «todo o mes». De feito, na área sanitaria de Vigo prevese que comecen xa o vindeiro sábado. Ademais, tamén durante o mes de xullo prevese que as persoas con idades comprendidas entre 40 e 49 termine o seu proceso de vacinación durante o sétimo mes do ano. Aínda que ese colectivo da trintena xa estean en idade de vacinarse por defecto, tamén poderán pedir cita a través do sistema que xa está a ultimar o Sergas.