A vacinación sen cita desborda as previsións do Sergas

Este sábado empezou a vacinación para todos aqueles que, polos motivos que fose, non puideron facelo ata agora. O Sergas tivo que reforzar os puntos de vacinación debido á alta demanda de xente para ser vacinada. A vindeira semana tamén estará dispoñible esta modalidade de vacinación nas sete cidades galegas, pero no ámbito estudantil. O 13 e 14, luns e martes, haberá puntos de vacinación sen cita nos sete campus universitarios, para estudantes e traballadores. Será nos sete puntos que inclúe o Sergas no mapa de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha