A Valedora do Pobo admite a denuncia presentada polos pais do San Luís Romero

Xuntanza de pais e nais do colexio._Arquivo.

Un grupo de pais e nais do Colexio Xesús San Luis Romero de Carballo presentou o pasado día 10 de agosto unha denuncia formal ante a Valedora do Pobo de Galicia. Nesta denuncia, expoñían detalladamente o que calificaron de «incumprimentos por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en canto aos recortes anunciados para o vindeiro curso». Os pais e nais asinantes desta denuncia instaban á Valedora do Pobo a investigar en profundidade esta problemática e vixiar polos dereitos dos seus fillos e fillas a recibir unha educación de calidade nun entorno seguro e propicio para o seu desenvolvemento integral.

Pois ben, este mércores os proxenitores recibían a contestación da Valedora do Pobo comunicándolles que unha vez estudado o seu escrito, este era admitido a trámite. Deste xeito, explicaba que se iniciaban as actuacións oportunas ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para que no prazo de 15 días lle facilite información sobre os problemas en profundidade que motivaron esta queixa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha