A Valedora do Pobo informa sobre o ‘silencio’ da Xunta no caso do San Luís Romero de Carballo

1 minutes read

Os pais de alumnos do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo emitiron un comunicado no que informan de que esta semana recibiron noticias da Valedora do Pobo, quen lles informa que aínda non se remitiu a documentación solicitada dende a Consellería e reiterou a súa petición, advertindo que se está a incumplir o artigo 22 da Lei do Valedor do Pobo.

“Aproveitamos para expresar a nosa enorme satisfacción e gratitude hacia todas as persoas que contribúen ao funcionamento do CEIP Xesús San Luís Romero, tanto docentes como non docentes, desde o primeira ata o último. O seu incansábel esforzo e dedicación permiten que os nosos nenos continúen a disfrutar do alto nivel educativo deste centro, a pesar dos recortes e a falta de apoio por parte das máis altas autoridades educativas”, afirman os pais.

“O cariño que amosan a diario cara aos nosos fillos e fillas fai que a nosa loita por defender os intereses do colexio sexa realmente valiosa. Agradecemos o seu compromiso e esperamos que, entre todos, poidamos garantir un futuro brillante para a nosa institución educativa”, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?