A Valedora do Pobo inicia unha investigación sobre a situación das residencias de maiores

Os inconvenientes creados pola crise do coronavirus nas residencias de maiores chegaron á sede do Valedor do Pobo, institución que se «envorcou» na tramitación dos expedientes vinculados coa pandemia, e que iniciou varias investigacións de oficio vinculadas coa situación dos propios centros, por parte da valedora, María Dolores Fernández Galiño, e o seu equipo para coñecer en detalle «as actuacións que se están levando a cabo». A institución recibe queixas por problemas de aluguer de estudantes, fenda dixital, EPIs, e acompañantes de enfermos, entre outras. Tamén se xestionaron cuestións relativas aos cortes eléctricos durante a vixencia do estado de alarma e a falta de subministración alimenticia ou de primeira necesidade para as persoas que os recibían das entidades sociais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha