A variante B117 pon en xaque ao Reino Unido

Unha nova variante do coronavirus, detectada por primeira vez no sur de Inglaterra en setembro, é agora a causa da maioría de contaxios de COVID-19 no Reino Unido. É coñecida como B117 e, as primeiras investigacións, suxiren que o seu índice de letalidade é maior que o do patóxeno clásico. Os médicos comprobaron a súa rápida propagación, en decembro. No Reino Unido teñen morto máis de 100.000 persoas a causa do coronavirus. É o índice máis alto de Europa. Xaneiro é, ata o de agora, o mes con máis falecidos. Os detractores de Boris Johnson sinalan que se podería actuar antes, no mes de decembro. Keir Starmer, líder do partido laborista, pediu un confinamento estrito para evitar que a xente visitase aos seus familiares en Nadal. Por aquel entón, Boris Johnson burlouse diso. As primeiras probas mostran que, de momento, as vacinas funcionan contra a variante B117. Os expertos do Reino Unido consideran que as restricións deben permanecer ata que todos os habitantes fosen vacinados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha