A variante Delta supón máis do 90% dos casos no Reino Unido

Despois de dous meses e medio de descenso, os contaxios de COVID-19 volven aumentar en Europa impulsados pola forza da variante Delta, que está a provocar importantes brotes no Reino Unido e Rusia. Estes dous países son os que máis novas infeccións rexistran, máis de mil diarias. Os casos da cepa india nas últimas catro semanas supoñen máis do 90% do total no Reino Unido, do 88% en Rusia e do 56% en Portugal. O temor á súa propagación fixo que Alemaña esixa desde agora unha corentena de catorce días aos viaxeiros procedentes do Estado luso. A Comisión Europea pediu este martes aos 27 unha maior coordinación das medidas antipandemia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha