A variante Ómicron xa entrou en España por Madrid


A Comunidad de Madrid confirmou este luns o primeiro caso de coronavirus da variante Ómicron en España. Trátase dun home de 51 anos que regresou de Sudáfrica este domingo cunha escala en Ámsterdam e presenta síntomas leves da enfermidade. Xa está en illamento para reducir o risco de contagios. O servizo de microbiología do Hospital Gregorio Marañón de Madrid confirmou por secuenciación a presenza desta variante do virus, que presenta un “alto número de mutacións” e identificouse por primeira vez en Sudáfrica. O positivo foi detectado mediante un cribado con test de antígenos no aeroporto Adolfo Suarez Madrid-Barallas. Segundo informaron desde o Goberno autonómico, agora a Dirección Xeral de Saúde Pública mantén a vixilancia epidemiolóxica dos contactos estreitos do voo que aterrou na capital desde Países Baixos.