A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural organiza a II andaina reivindicativa pola defensa do rural. A marcha está prevista para este domingo, 4 de agosto, con saída ás 10h00 de Vilela de Entrecruces (Carballo). Trátase dunha ruta lineal, de preto de 10 km, que pasará polos núcleos de poboación da Abelenda e Mira (Coristanco) e finalizará na fervenza de Castriz (Santa Comba). Nesta acción colaboran varias entidades dos 3 municipios afectados polo “megaparque” eólico Bustelo-Campelo-Monte Toural, entre as que cabe destacar a Asociación Cultural e Veciñal A Fonte Salgueira, As regueifeiras Pataqueiras de Coristanco, A Asociación de Mulleres Rurais Airiños do Xallas e tamén o concello e Protección Civi de Santa Comba.
43