A velutina e os incendios poñen a proba aos Bombeiros de Cee

0 minutes read

Aínda que estes profesionais están preparados para iso e moito máis, os Bombeiros de Cee tiveron que empregarse a fondo nas últimas horas para manter a seguridade normativa na súa área de influencia. A faena da fin de semana comezaba este venres coa retirada de tres niños de avespa velutina, todos no termo municipal de Camariñas. Xa na mañá deste sábado foron requiridos para contribuír á extinción dun incendio forestal no lugar de Carantoña, concello de Vimianzo. Onde tamén participaron efectivos de Protección Civil e da Garda Civil.

Actuación sobre un niño de velutina en Camariñas_Bombeiros Cee.