Á venda as entradas para o Bergantiños-Raio Vallecano


O Bergantiños FC pon á venda de forma anticipada as entradas para o partido de Copa do Rey ante o Raio Vallecano que se celebrará o vindeiro mércores 15 de decembro no Estadio Municipal de As Eiroas. Terán preferencia aos socios do club, dando prioridade aos abonados establecendo varios días nos que tan só eles poderán retirar a entrada para o partido de Copa.

As entradas xa se poden ratirar ata o mesmo día do partido no despacho de billetes do Estadio Municipal de As Eiroas. O prezo da entrada será de 10 euros para os socios cos abonos renovados para esta Tempada 21/22, e de 15 euros para o público xeral.

Días e horarios de venda de entradas:

  • Xoves, 09/12 de 19:45 – 21:00 (SOCIOS)
  • Venres, 10/12 de 19:45 – 21:00 (SOCIOS)
  • Sábado, 11/12 a partir das 15:30 (SOCIOS e público xeral)
  • Luns, 13/12 de 19:45 – 21:00 (SOCIOS e público xeral)
  • Martes, 14/12 de 19:45 – 21:00 (SOCIOS e público xeral)
  • Mércores,15/12 (día de partido) a partir das 17:30