A Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa, do barrio do mesmo nome en Carballo puxo á venda as entradas para poder asistir á celebración do “IV Xantar A Milagrosa 25”. O evento celebrarase o sábado, día 7 de xuño nas instalacións do polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romero. O éxito alcanzado nas pasadas edicións, catrocentas cincuenta e seis persoas o ano pasado, fai prever que este ano se rozará o cheo no pavillón. Os actos darán comezo ás 13:30 h . coa apertura das portas de acceso o recinto escolar para dar paso a unha pequena sesión vermout, amenizada por Djs de recoñecido prestixio . A continuación, a partir das 15:00 horas, serviráse a comida que consistirá en empanada, langostinos, polbo á galega a fartar, churrasco de porco e tenreira, patacas frexidas, sobremesa e licores. Todo iso regado con viño branco e tinto, refrescos e auga. Rematado o xantar, mentras os comensais desfrutan do café e dos chupitos, celebraráse o tradicional sorteo de regalos doados por diversas casas comerciais. Este ano, como gran novidade, sortearáse unha viaxe de 7 días de duración a Gran Canaria, para duas persoas en réxime de aloxamento e almorzo. Tras a degustación de tan exquisito manxar voltará a música, dando paso a unha velada, aberta a tódolos públicos, que se alongará tanto como os corpos aguanten. Tal e como sucedeu o pasado ano tanto a sesión vermout como o tardeo de despois da comida celebraranse no exterior do pavillón polideportivo, baixo unha carpa. Esto permitirá que todas aquelas persoas que, por motivos diversos, non poidan asistir á comida si poidan gozar da sesión vermout e do tardeo, se así o desexan. As entradas para o evento pódense adquirir a través dos membros da comisión organizadora ou no local do antigo Banco Pastor (Avda. Milagrosa 10). Dada a gran expectativa que levanta este evento, desde a organización animan aos/ as interesados/ as a retirar a súa entrada canto antes xa que, aínda que o aforo do pavillón é moi superior, unicamente se ofertan 500 prazas por cuestións organizativas e de seguridade. Nesta celebración colaboran, ademais das casas comerciais e locais de hostalería, o Concello de Carballo e a dirección do Colexio Xesús San Luís Romero, a quen desde a comisión queren dar as máis expresivas grazas.
Á venda as entradas para poder asistir á celebración do «IV Xantar A Milagrosa 25», en Carballo
José Luis Barca Añón (centro) está a fronte da Asociación.