A venda de móbiles esborrallouse na China

O mercado de dispositivos móbiles en China experimentou un descenso en canto ao número de vendas que é digno de mención e, é que, os datos deixan claro que algo está a pasar no país asiático e non son boas noticias para occidente xa que isto pódese replicar sen que haxa algún tipo de remedio. O primeiro a ter en conta é que a pandemia do coronavirus afectou a case todas as industrias existentes no planeta, sendo a fabricación de dispositivos móbiles unha delas. O mercado da venda de teléfonos móbiles en China non deixou de crecer nos últimos dez anos e, agora, esta tendencia non só se detivo se non que decreceu. Tal e como indica Tech Crunch, os envíos de dispositivos baixaron nun 14% en pleno 2022 o que fai que se alcance unha das cifras máis baixas nos últimos dez anos. Isto fai que sexa a primeira vez que China se atopa cunha cifra de dispositivos móbiles vendidos por baixo de 300 millóns de unidades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha