A venda de tractores de máis de 40 anos estará prohibida en breve

Imaxe dun accidente de tractor_Arquivo.

O Goberno central prepara unha norma para limitar os accidentes e reducir a contaminación de tractores, a maioría de segunda man e conducidos por maiores de 65 anos, que carecen de formación específica. Cada ano morren en accidente de tractor en Galicia entre 15 e 20 persoas.

A idea é que non se comercialicen vehículos de máis de corenta anos que non teñan bastidor ou cabina homologada. A norma tamén vai afectar os chamados pascualines, que son os que pesan menos de seiscentos quilos e aos fabricados antes de 1.998.

O decreto que prepara o Ministerio de Agricultura ten un dobre obxectivo. Reducir as emisións de gases contaminantes e a mortaldade nos accidentes con tractores. Tamén se prevé restrinxir a compra de tractores procedentes do estranxeiro anteriores a 2.001. As organizacións agrarias ven aspectos positivos na medida pero cren que pode afectar os habitantes do rural que usan vehículos antigos para actividades de autoconsumo como hortas ou leiras de patacas.

No primeiro trimestre deste ano vendéronse en Galicia 104 tractores. Segundo o censo do Ministerio, o parque de vehículos agrícolas en España ascende a 140.000 unidades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha