En España, a tempada do atún vermello da almadraba de Barbate, en Cádiz, está a medio gas. Aínda respectando todas as precaucións sanitarias, este ano, as exportacións a Xapón, gran consumidor de atún, caeron á metade pola crise sanitaria e o estado de alarma tombou as vendas case un 50% polo peche de bares e restaurantes durante a pandemia. A UE asignou a España unha cota de ao redor de 6.100 toneladas de atún para este ano. Á rexión de Cádiz asignáronselle 1.500 toneladas. A pesar da boa tempada, debido á pandemia do COVID-19 as vendas non son tan boiantes. A ultraconxelación que realizan permite que o produto poida esperar, sen perder calidade, a reactivación do mercado nacional, e dos roteiros comerciais de en Europa e Asia.
39