Á venda en todo o mundo ‘Sorry I´m a Lady’ | Dj Frisco&Marcos Peón e Martina Budde  

2 minutes read

O sadense Dj Frisco e o vilalbés Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde. Neste novo lanzamento, volven apostar polos sons oitenteros con bases e ritmos actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas. Nos últimos meses, Taibo e Peón, cosolidáronse como djs e produtores destacados dentro da escena Funky House mundial, alcanzando moi bos resultados nas listas de éxitos.

Nesta ocasión a formación hispano alemá, fan unha versión o éxito de Baccara ,”Sorry, I’m a Lady”, orixinal do 1977. Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais. Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes do mundo.

É a décima colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan máis de 300.000 reproducións en Spotify 

Frisco e Marcos Peón, co seu anterior single, tamén xunto á alemá Martina Budde, “Sara perche”, alcanzaron o Nº1 de Itunes en música electrónica en sete países: Eslovaquia, Austria, Irlanda, Bulgaria, Namibia, Romanía e Emiratos Árabes Unidos. Tamén se posicionaron no Nº2 en países como Eslovenia, Dinamarca, México e Grecia.

Ademais, no portal de descargas de música electrónica máis importante, Beatport, alcanzaron o posto Nº51 dos tracks funky house máis vendidos do momento a nivel mundial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?