Xa está á venda, en todos os portais dixitais, “Tu”, o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto á alemá Martina Budde.
O sadense Dj Frisco e o vilalbés Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde. Neste novo lanzamento, volven apostar polos sons oitenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas.
Nesta ocasión a formación hispano alemá, atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de Umberto Tozzi ,”Tu” , orixinal do 1978 . Track polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais. Unha aposta segura, coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes do mundo.
É a novena colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan máis de 275.000 reproducións en Spotify.
Frisco e Marcos Peón, co seu anterior single, tamén xunto á alemá Martina Budde, “Sara perche”, alcanzaron o Nº1 de Itunes en música electrónica en seis países: Eslovaquia, Austria, Irlanda, Bulgaria, Namibia e Emiratos Árabes Unidos
Ademais, no portal de descargas de música electrónica máis importante, Beatport, alcanzaron o posto Nº51 dos tracks funky house máis vendidos do momento a nivel mundial.
Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais do máis alto nivel.