A VI edición de “Malpica sabe a mar” que comezou este venres e durará ata o domingo é un punto de encontro entre hostalaría, pesca e olaría. Unha iniciativa da Concellaría Promoción Económica de Malpica na que participan 14 locais que servirán tapas de 2 euros, elaboradas con polbo, ameixas, salpicón e máis productos do mar, empratadas en pezas elaboradas en Buño.
Por cada consumición entregase un rasca co que se opta a recibir premios directos. A xornada de hoxe contou coa intervención dos gaiteiros poñendo ritmo o inicio desta edición. Mañá haberá charanga e pola noite un DJ. E a festa continuará o domingo co son da charanga.
Na xornada deste venres a actividade comezou ás 20.00 horas, ata ás 23.00 horas. Este sábado o locais comezaran a servir tapas desde as 12.00 horas ata a 14.00 horas e de 20.00 horas a 23.00 horas. E, o domingo, 15 de maio, desde as 12.00 horas ata ás 14.00 horas.
Os asistentes xa comenzaron a degustar tapas con produtos do mar nos seguintes establecementos: A Taberna do Lesto, Bar Arcos, Bar Dársena, Bar O Pescador, Café Bar Humbolt, Café Bar Ibarra, Café Bar Pepucho, Café del Mar, Cafetería JB, Cafetería Santiago Apóstol, Larada Bar, O cornecho de Tano, Restaurante O Burato e o Restaurante San Francisco.
26
