A vicepresidenta Carmen Calvo positivo por coronavirus

Cedida.

Tras ingresar o domingo cunha infección respiratoria na Clínica Ruber Internacional de Madrid, Carmen Calvo deu resultado positivo en coronavirus na última proba médica que lle foi realizada este martes.

Do mesmo xeito que os demais ministros do Goberno, Calvo xa se realizou as probas a semana pasada, despois de que se soubese que a titular de Igualdade, Irene Montero, estaba infectada. Con todo, só a ministra de Política Territorial, Carolina Darias, deu positivo naquela ocasión.

Por este motivo, repetiuselle a proba, cuxo resultado se deu a coñecer este mércores. Carmen Calvo evoluciona favorablemente e recibe o tratamento médico prescrito. A vicepresidenta permanece na clínica, co protocolo de illamento e corentena preceptivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha