A VIII Festa Palilleira de Camariñas reúne a máis de 600 amantes do palillo


No pavillón municipal deronse cita preto de 30 concellos da provincia e tamén houbo representación estatal nos postos de venda, ademais das palilleiras locais, de Camariñas, Ponte do Porto, Xaviña e Arou. A destacar a presenza dos comerciantes chegados desde Tarragona, Madrid ou Cuenca. Tamén Galicia tivo oco cos postos de Camariñas, Santiago, Cambados ou Ourense.  

O Club Balonmán Camariñas impulsou un mercado de Nadal, que se celebrou por primeira vez e que tivo fins solidarios. Máis de 600 palilleiras, artesáns e traballadoras e traballadores, se deron cita nesta ocasión.

O discurso inaugural foi pronunciado pola alcaldesa, Sandra Insua, acompañada pola concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e polas presidentas das asociacións de palillo Puntillas e Bilros, Adoración García e Pilar Gándara. Estas amosáronse “tremendamente agradecidas por presenciar unha festa como esta, na que se unen cultura e tradición, co encaixe como símbolo de identidade, e que todas vós facedes que siga vivo”, comentaba Insua. Por outra banda, Encarna Liñeiro quixo destacar que “imos camiño da triséximo edición da Mostra do Encaixe, que este ano estará moi vencellada á idea de elegancia, como elemento distintivo que lle dá a calqueira peza”, sinalaba Liñeiro.