«A vila do mañá», trátase dunha iniciativa de carácter pedagóxico e divulgativo da arquitecta Sandra González Álvarez, que xa se levou a cabo ata o momento en ao redor de 15 concellos galegos e cuxo obxectivo é que, desde a infancia e a través do xogo, se cree conciencia sobre todas as escalas do espazo común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de colaborar neste novo proxecto impulsado desde o eido da arquitectura e orientado aos nenos e adolescentes galegos. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez, e a propia arquitecta nunha xuntanza que mantiveron este martes. A vila do mañá propón a realización de toda unha serie de obradoiros impartidos por estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura, adaptados en cada caso á idade dos participantes e nos que a rúa se converte nun auténtico espazo operativo, poñendo a disposición de nenos e adolescentes todas as ferramentas necesarias para que desenvolvan a súa creatividade desde a arte e a arquitectura.
A vila do mañá, podería contar con apoio autonómico
Imaxe dunha caixa da iniciativa "A vila do maña"_Cedida