«A vila do mañá” volve a Carballo cun formato virtual

Imaxe da edición de xullo do 2018_Concello de Carballo

  • Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, e desenvolverase ao longo das vacacións de Nadal

O proxecto » A vila do mañá», da arquitecta Sandra González Álvarez, regresa a Carballo dous anos despois da súa primeira edición. E faino cun formato virtual debido á actual situación sanitaria.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, para que deseñen o Carballo do futuro. Para non perder a esencia do proxecto, González apostou pola creación dunha «caixiña» cos materiais necesarios para realizar as diferentes accións que se lle proporán aos participantes a través dunha área privada na web aviladomañá.com.

Carballo converterase este Nadal nun taboleiro de xogo semellante ao xogo do ganso, pero conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos e culturais que configuran a vila. “É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso hábitat para o día de mañá ser conscientes da súa valía e saber coidalo», destaca a arquitecta.

O prazo de inscrición para participar nas actividades, que se farán públicas nos vindeiros días, será do 10 ao 17 de decembro. As familias interesadas deben cubrir o formulario que atoparán en www.carballo.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha