A vindeira semana comezarán os traballos de mellora no campo municipal Platas Reinoso de Baio 

1 minutes read

Os traballos céntranse na substitución do céspede de herba artificial actual instalado no ano 2007 e que presenta un evidente desgaste creando un terreo de xogo excesivamente “duro” que propicia a mala xogabilidade. Este céspede substituirase por outro de última xeración que reúne todos os requisitos das normas UNE EN15330-1:2014 e cunha base elástica que permita unha mellor amortiguación. 

Dentro das melloras que acometerá o Concello de Zas no campo municipal Platas Reinoso tamén se inclúe a renovación dos equipos deportivos tales como as porterías de fútbol 11 e fútbol 7, así como os bandeiríns. Ademáis instalaranse novos asientos no gradería existente a un marcador electrónico. Mondo Ibérica, S.A.U. será a empresa encargada de realizar os traballos que teñen un prazo de execución de dous meses. 

Traslado ao campo municipal San Andrés

Ante o inminente inicio das obras, esta será a última fin de semana que o CD Baio e o CD Concello de Zas disputen no Platas Reinoso os seus correspondentes partidos de liga. Durante o tempo de execución dos traballos, os dous equipos trasladarán os seus adestramentos e encontros ao campo municipal San Andrés de Zas. 

O Platas Reinoso é o campo habitual que usa o Club Deportivo Baio así como as diferentes categorías base do CD Concello de Zas. Debido á súa situación xeográfica,tamén é o lugar elixido para desenvolver as Escolas Deportivas do RC Deportivo da Coruña, as escolas de porteiros e de árbitros, o adestramento das seleccións da Costa, e outros encontros deportivos.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que con esta actuación é de gran importancia para o municipio e con ela dáselle resposta a unha demanda dos usuarios/as para crear un novo terreo de xogo de última xeración que facilita a xogabilidade.