O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou este xoves, no marco do XXII Congreso Nacional e III Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica, que a Xunta de Galicia publicará, a vindeira semana, a convocatoria do concurso de méritos para especialistas en saúde mental. Trátase, en total, -dixo Comesaña-, dun total de 175 prazas, 44 de psiquiatría, 37 de psicoloxía e 94 de enfermería especialista en saúde mental. O acto contou, así mesmo, coa presenza do xerente da área sanitaria, Luis Verde Remeseiro. O titular da carteira sanitaria destacou o compromiso dos profesionais do ámbito da saúde mental do Sergas e a colaboración das sociedades científicas e o tecido asociativo, que fixeron posible a posta en marcha do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, que implica a creación de 241 novas prazas, das que 45 son de psicoloxía clínica.
0