A violencia cara menores aumenta durante o confinamento

1 minutes read
  • A fundación ANAR atendeu a un total de 1.441 peticións de axuda desde o 23 de marzo

A Fundación ANAR alerta do incremento da violencia doméstica cara nenos e adolescentes menores de idade durante o confinamento. Desde o 23 de marzo, o Chat/Email ANAR atendeu un total de 1.441 peticións de axuda, un chat que posúe unha tecnoloxía que borra automaticamente a conversación no lado da vítima evitando poñer en risco ao menor de idade en caso de ser sorprendido polo seu agresor.

Segundo ANAR, case a metade dos casos atendidos son xa por violencia padecida polos nenos/ as e adolescentes, pasando do 36,1% o día 23 de marzo a un 47,7% un mes e medio máis tarde (3 de maio).

A pesar de estar nunha contorna supostamente “segura” os casos de maltrato intrafamiliar son os máis frecuentes, sobre todo violencia doméstica (malos tratos físicos e psicolóxicos), seguido de violencia de xénero que se produce en presenza dos menores de idade; casos moi graves de abuso sexual e abandono son as problemáticas máis frecuentes.

A Fundación tamén explica que os menores de idade seguen padecendo, aínda que en moita menor medida, agresións extrafamiliares como ciberbullying e outras formas de ciberacoso que se producen nas redes sociais.

Ideación e intentos de suicidio dispáranse
Os problemas psicolóxicos representan o 23,5% das consultas realizadas. Entre elas destacan a ansiedade, a tristeza, as ideas e intentos de suicidio e as autolesións.

Ademais, ANAR sinala que as ideas e intentos de suicidio son un dos problemas que máis se incrementaron durante estes días de confinamento pasando do 1,9% de media o último ano pasando a un 8,3% durante estes días.