Os resultados das eleccións a gobernador de Virginia son un sismo electoral que está a facer tremer o escenario político estadounidense. O republicano Gleen Youngkin impúxose ao candidato demócrata Terry MCAuliffe, o que supón un duro revés para o presidente Joe Biden. Os analistas interpretan esta derrota demócrata como un indicador de que o apoio á administración Biden está a erosionarse. Os republicanos no Congreso atribuíronse como propia a vitoria de Youngkin, afirmando que é só o principio da «onda vermella» coa que din que van recuperar o Congreso nas lexislativas de 2022. Donald Trump tamén se colgou a medalla asegurando que o seu movemento é «máis grande e forte que nunca».