A viúva de Navalni ‘continuará a causa’ na loita contra o Kremlin

Alexéi Navalni, recolleu a testemuña do seu marido na loita contra o Kremlin. «Continuarei a causa de Navalni e chámovos a estar ao meu lado. Alexéi amaba a Rusia máis que nada no mundo», dixo Yulia Naválnaya nun vídeo difundido na canle do falecido opositor en Youtube.

Por terceira xornada consecutiva, as autoridades rusas negáronse a entregar o cadáver á familia, que sospeita que Moscova tenta «borrar as pegadas» do crime supostamente cometido na prisión ártica á que foi enviado en decembro pasado.

«Putin matou non só á persoa, Alexéi Navalni, senón que canda el quería matar as nosas esperanzas, a nosa liberdade, o noso futuro», denunciou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha