A XGL de Carballo adxudica varias actuacións

1 minutes read

Este luns celebrouse Xunta de Goberno Local (XGL) en Carballo, entre outras actuacións, o Concello investirá un total de 397.727 euros nas obras de aglomerado das estradas de Xamozo (Artes) a Santa María (Ardaña) e de Paradela a Prearada (Sofán). As dúas foron adxudicadas á empresa Vázquez y Reino, que disporá de tres meses, a partir da sinatura da acta de comprobación do replantexamento, para executalas. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o inicio do expediente de contratación do proxecto de reforma do pavillón deportivo do CEIP Fogar, cun orzamento de 61.378,65 euros. Tamén se aprobou o pago de facturas por importe de 43.092,93 euros, a devolución de avais, vaos e varias licenzas urbanísticas, unha delas para a instalación dunha torre anemométrica no Monte Neme.